Volta o programa Iniciativa Xove

 

 

A Concellería de Xuventude informa da convocatoria dunha nova edición do programa Iniciativa Xove, posto en marcha pola Xunta. Dende a Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado habilítase unha liña de axudas dirixidas a asociacións e colectivos xuvenís, entidades prestadoras de servizos á mocidade e agrupos informais de mozos e mozas, de entre 18 e 30 anos.  Os solicitantes poden presentar os seus proxectos e iniciativas, cun orzamento total que non supere os 4.000 euros.

Dende a Concellería estanse a enviar cartas a todos os colectivos xuvenís de Silleda informando desta convocatoria, xunto coas follas de solicitude.

A documentación podese presentar a través da sede electrónica da Xunta de Galicia no enderezo: https://sede.xunta.es , no rexistro  ou correos. O prazo remata o 18 de maio de 2013.