Deza Circular

O Concello de Silleda vén de poñer en marcha o proxecto denominado «Deza Circular», unha aposta para capacitar e orientar para ao emprego a persoas desempregadas no ámbito da economía forestal circular. Esta inicativa, que conta co apoio do veciño municipio de Vila de Cruces, ten como obxectivo capacitar, orientar e insertar a persoas desempregadas en servizos innovadores do aproveitamento forestal.

Así, realizaránse distintas accións destinadas a crear oportunidades no ámbito da economía forestal circular, así como no turismo sostible dos espazos naturais destas localidades.

O proxecto, cun orzamento de 78.336,20 euros, é un dos poucos da provincia que recibiu o visto bo da Fundación Biodiversidad, a través da liña de axudas do programa EmpleaVerde, e conta apoio do Ministerio para la Transición Ecológica y Reto Demográfico, e a cofinanciación do Fondo Social Europeo.

Deza Circular consta de tres tipos de accións. Así, ademáis dunha acción formativa, realizaránse outras dúas centradas na innovación social.

Poderán participar as persoas desempregadas de calquera idade e con calquera nivel formativo previo.

A formación presencial en aproveitamentos forestais e o acondicionamiento de espazos verdes céntrase en ofrecer coñecementos teórico-prácticos para o desemeño de perfís profesionais relacionados con actividades de conservación e mellora do monte e espazos verdes.

Así mesmo, a acción denominada Deza Recupera ofrecerá prácticas específicas orientadas á empregabilidade en conservación forestal e turismo sostible, a o tempo que se levarán a cabo accións de mellora e recuperación de espazos naturais protexidos pertencentes á Red Natura 2000 do Concello de Silleda , caso das Brañas de Xestoso ou o Sistema Fluvial Ulla-Deza, no que se inclúe o sendeiro do río Deza que comparten Silleda e Vila de Cruces.

A acción Deza Orienta encargarase de acompañar e de orientar para mellorar a empregabilidade e a inserción laboral das persoas formadas no programa , así como de fomentar o desenvolvemento de novas liñas de negocio sostibles en empresas da zona que faciliten a contratación das persoas formadas.

As actividades vanse executar na súa maior parte de xeito presencial no municipio silledense, e parte das accións de orientación e capacitación para o emprego na modalidade on-line.

Todas as persoas en situación de desemprego que estén interesadas en participar, poden informarse no Concello de Silleda, ou chamando ao 986 580000, a través da Concellerías de Medio Ambiente e Emprego, que dirixe Pili Peón.

Trátase dun programa de formación teórico práctico, baseado na metodoloxía de innovación social de APRENDIZAXE-SERVIZO. O ApS tenta modificar a realidade e mellorar as aprendizaxes das persoas para formar. Insírese no conxunto de actividades formativas que se lle ofrecerán aos usuarios do curso e conecta coa educación baseada en competencias, combinando procesos de aprendizaxe e de servizo á comunidade nun só proxecto ben articulado no que os participantes se forman ao traballar sobre necesidades reais da contorna co obxectivo de melloralo.

Así o Concello de Silleda, para conseguir o éxito do proxecto Deza Circular, precisa de persoas desempregadas e residentes no rural interesadas en participar. Nivel de estudos: sen requisitos mínimos. Colectivos prioritarios: poboación desempregada en xeral, con especial interese en formar e orientar cara o emprego a mulleres, persoas xoves ata 35 anos, persoas desempregadas maiores de 45 anos, poboación inmigrante, persoas con discapacidade física

Deza Circular plantexa os seguintes obxectivos estratéxicos:

  • Formar e orientar a 70 persoas para que poidan levar a cabo labores de limpeza e aproveitamento de biomasa forestal, así como labores de recuperación, acondicionamento e sinalización de espazos naturais singulares, de alto interese ecolóxico (Rede Natura 2000 do Concello) ou de ámbito público (espazos verdes municipais), que sexa necesario manter e acondicionar.
  • Levar a cabo accións de información, concienciación e orientación, destinadas a dotar ás persoas participantes dos coñecementos e estratexias necesarias para impulsar e/ou integrarse en liñas de negocio e empresas sostibles, que favorezan a conservación dos espazos naturais e o desenvolvemento turístico estratéxico da zona.
  • Orientar e acompañar na inserción ás persoas dedicadas á consecución destes obxectivos e a atención ás necesidades observadas na comarca.

Inicio previsible: 1 de Xullo

Finalización previsible : 31 de Novembro

*Se non se acadan os obxectivos de captación de alumnado, as datas de comezo dos cursos poderán adiarse ata un mes.

As persoas formadas dentro do proxecto que completen a súa formación recibirán un diploma acreditando os módulos e horas de prácticas cursados, os cales lles permitirán optar á obtención do certificado de profesionalidade AGAR 0209 -Actividades auxiliares en aproveitamentos forestais, no que está baseado o curso.

Ademáis, a finalización de todo o itinerario formativo e de orientación, permitiralles realizar prácticas en empresas da zona do Deza ou no propio Concello, podendo así aumentar as súas posibilidades de inserción no sector unha vez rematado o proxecto formativo.

Para a inscrición poñerse en contacto con:

emprego@silleda.gal

Tlf.: 986180239

O programa de formación DEZA CIRCULAR trátase dun programa de formación teórico-práctico, baseado na metodoloxía de innovación social de APRENDIZAXE-SERVIZO. Se tes interese en apuntarte, fainos chegar os teus datos persoais a través de este cuestionario.

O único requisito é estar en situación de desemprego no momento do inicio do curso.

Mediante o programa DEZA CIRCULAR o Concello de Silleda busca:
– FORMAR a persoas desempregadas en módulos específicos adaptados do certificado de profesionalidade AGAR 0209 ACTIVIDADES AUXILIARES EN APROVEITAMENTOS FORESTAIS para que poidan levar a cabo labores de limpeza e aproveitamento de biomasa forestal, así como labores de recuperación, acondicionamento e sinalización de espazos naturais singulares, de alto interese ecolóxico ou de ámbito público (espazos verdes municipais), que sexa necesario manter e acondicionar.
– ORIENTAR e ACOMPAÑAR para a súa inserción laboral ás persoas que finalicen a formación con éxito.

Priorizarase o acceso ó programa de mulleres, persoas paradas de longa duración, persoas menores de 30 ou maiores de 45 anos e persoas migrantes, así como persoas con discapacidade.