Silleda, 17 de febreiro de 2018. A Asociación Idea Silleda organizará as Festas de Verán deste ano. Os festexos terán lugar entre o xoves día 5 e o domingo 8 de xullo, coa celebración de distintas actividades.
O colectivo, que tamén organiza a Festa Gastronómica do Porco, encargarase deste xeito das Festas de Verán de Silleda por terceiro ano consecutivo.
A día de hoxe o grupo formado por distintos empresarios e veciños de Silleda xa está a traballar en distintas iniciativas para a organización dos festexos, como a edición dun libro publicitario, entre outros.
Dende o Concello de Silleda agradécese a disposición deste colectivo para volver a organizar os festexos de verán da localidade.