Silleda, 5 de agosto de 2016. A Administración Tributaria do Estado, entidade encargada da xestión recadatoria das cotas nacionais e provinciais do Imposto de Actividades Económicas, (IAE), ven de comunicar os prazos para efectuar o ingreso dos recibos correspondentes ao presente ano 2016.
A entidade establece do 15 de setembro a o 21 de novembro para facer o ingreso das cotas, que se poderá efectuar a través das entidades colaboradoras, (bancos, caixas de aforro e cooperativas de crédito), nas que non é preciso que o obrigado ao pago dispoña de conta aberta. Os pago das cotas, tanto nacionais coma provinciais, poderanse efectuar nos horarios de atención ao público de ditas entidades.
Así mesmo, tamén se poderá efectuar a liquidación mediante un adeudo na conta, ou a través de internet, na dirección www.agenciatributaria.es, na opción Sede Electrónica – Trámites destacados – Pago de impostos. Para a realización do pago mediante internet será necesario dispor dun sistema de firma electrónica dos admitidos pola Axencia Estatal da Administración Tributaria.
O vencemento do prazo de ingreso no período voluntario, sen haber satisfeito a débeda, determinará o inicio do período executivo e o deveño dos intereses de demora y das recargas ás que se refiren os artigos 26 e 28 da Lei Xeral Tributaria.