Silleda, 18 de maio de 2015. O teatro será protagonista o vindeiro sábado día 23 na vila da Bandeira, co I Festival Rural de Teatro da Bandeira. Organizado por Medias Verdes Teatro en colaboración con distintos colectivos, establecementos comerciais e co Concello de Silleda, a cita contará con pezas teatrais para todos os públicos.
O programa ábrese no Centro Cultural Vista Alegre coa sesión matinal infantil, na que participan diferentes grupos.
Así, ás 11.00 actuará o grupo Escenario Público, de Silleda, coa obra “Museo Vivinte”; ás 11.30 tócalle ao grupo infantil de Coto Manguelo, con “O guindastre”; ás 12.00 ao Grupo Teatrista de Vila de Cruces, coa peza “O método Cruces”; e ás 12.30 a Teatro de Ficción, da Bandeira, que estrean “Romaxe Vexetal”. Pecha a mañá Cinema Santiso, dos Teatristéricos, de Silleda.
O programa continúa cunha sesión vermú na praza da feira, amenizada coa música de BrassBandeira.
Xa pola tarde, a partir das 16.00 horas, iniciase a sesión de teatro vespertino para adultos, coa praza da Feira como escenario. Nesta tanda o público tamén poderá disfrutar coas actuacións de grupos da comarca que se sumaron á xornada”, explica Cristina Collazo, actriz e directora de Medias Verdes, e dos grupos locais infantís.
Asi, a primeira actuación chega da man de Martabelas, grupo de teatro da Asociación Teenses pola Igualdade, que representará a obra “Mullerebillosas”.
Toma o relevo o colectivo teatral de Coto Manguelo de Orazo, coas pezas “Clave Rosa” (ás 17.30), “Consulta do abogado” e “O testamento de Nacho”, a partir das 18.00 horas.
Ás 19.30 tócalle o turno ao grupo anfitrión, Medias Verdes Teatro, que representarán a obra “Os vellos non deben namorarse…ou si?”. O programa vespertino rematará co Teatro Pequeno da man de Anxo García, da compañía de títeres Viravolta de Lalín.
E como remate á xornada, o programa nocturno chega con sesión doble. Ás 22.30 en A Taberna do Músico, restará Candidato Domínguez, con “Todas las canciones del mundo”. O madrileño Fran Valero encarga a este maestro da improvisación que percorre estilos musicais como o blues, rock ou swing, creando música a partir de palabras do público. Candidato Domínguez en participardo en numerosos eventos e festivais.
O peche tócalle á Magnifique Bande dos Homes sen Medo, a dixie band , que acompaña o seu recoñecido repertorio de jazz, rock ou funk con gags humorísticos e coreografías.
Cristina Collazo, a directora de Medias Verdes Teatro , convida ao público a achegarse “ata A Bandeira o sábado 23 para vivir de cerca o mundo do teatro que queremos achegar aos nosos veciños e veciñas”, e agradece as colaboracións “que fan posible celebrar esta ilusionante xornada”, engade.