Silleda, 1 de xuño de 2017. A Biblioteca Municipal Daniel Castelao de Silleda aplica dende hoxe o horario intensivo para facilitar o acceso a estas instalacións dos usuarios e usuarias que desexen facer uso como local de estudo.
Así, ao igual que nos últimos anos este centro público municipal estará aberto durante os meses de xuño e xullo dende as 09:00 ás 20:00 horas, de xeito ininterrumpido para facilitar as horas de estudo aos usuarios/as. Así mesmo, neste mes de xuño, en xullo e en setembro a biblioteca abrirá tamén os sábados pola mañá, en horario de 11:00 a 14:00 horas.
No mes de agosto o horario de apertura será de 08:00 a 14:00 horas. Xa en setembro retomarase unha vez máis o horario intensivo.