A Biblioteca Municipal contará con tres actividades dentro do programa Ler conta Moito

Silleda, 12 de marzo de 2015. A Biblioteca pública municipal Daniel Castelao, de  Silleda, participa este ano de novo no programa Ler conta moito, para a dinamización da lectura. En base a este programa, este ano realizaránse tres actividades dirixidas sobre todo ao público infantil.

A primeira delas terá lugar o vindeiro 23 de abril, Día do Libro, coa actuación de  Regueifeiros de Galicia. Este grupo, da asociación oral de Galicia, chega á biblioteca silledense cun obradoiro de improvisación en verso, centrado nas tradicións populares.  A actividade está dirixida a nenos e nenas de 9 a 14 anos.

 

O dia 15 de maio, dentro tamén da programación das Letras, a cita será para nenos de  4 a 12 anos, con unha actividade centrada na figura de Xosé Filgueira Valverde, ao que se lle adica este ano o Día das Letras.

Xa no mes de outubro, o día 22, o programa Ler Conta Moito rematará coa actuación de Pablísimo e os seus contos.

O autor traerá a Silleda o espectáculo Rás, Contos Batracios, unha actividade de dinamización adicada a sapos e rás, figuras moi presentes na literatura infantil e xuvenil. Neste caso a actividade diríxese preferentemente a nenos e nenas de 4 a 9 anos.

”O público máis novo será o protagonista desta iniciativa que ten como principal obxectivo o fomento e dinamización da lectura nas bibliotecas públicas, contribuindo á promoción da lectura como vehículo de enriquecemento”, engade o alcalde e concelleiro de Cultura, Manuel Cuiña. O programa foi posto en marcha pola Consellería de Cultura e Educación, a través a Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia, en colaboración cos Concellos.