A Biblioteca Municipal de Silleda contará con tres actividades dentro do programa Ler conta moito

Silleda, 18 de marzo de 2014. A Biblioteca pública municipal Daniel Castelao, de  Silleda, participa este ano no programa Ler conta moito, para a dinamización da lectura. En base a este programa, este ano realizaránse tres actividades dirixidas sobre todo ao público infantil.

A primeira delas terá lugar o vindeiro 23 de abril, Día do Libro, coa actuación de Baobab Teatro. A compañía porá en escea Contos para un caldiño, para nenos e nenas a partir de 3 anos. A cita será ás 11.00 horas, con contos dramatizados e cancións, entre outros ingredientes.

O 16 de maio, dentro tamén da programación das Letras, a cita será para nenos de 10-12 anos, cos contos narrados por  Sole Fezolla, baixo o título

"Vento e chuvia: os antigos deuses galaicos” (17.00 horas).  

 A terceira das actividades do programa Ler conta moito chegará o día 24 de outubro, con "Avoa Youja" :"Soñei que era unha árbore", para bebés de 0a 3 anos. Será as 18 h, tamén na biblioteca pública municipal de Silleda.”O público máis novo será o protagonista desta iniciativa que ten como principal obxectivo o fomento e dinamización da lectura nas bibliotecas públicas, contribuindo á promoción da lectura como vehículo de enriquecemento”, engade a concelleira de Cultura, Margarita Campos.

O programa foi posto en marcha pola Consellería de Cultura e Educación, a través a Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia, en colaboración cos Concellos.