
A Biblioteca Pública Municipal Daniel Castelao de Silleda contará novamente dende este martes día 16 con horario continuado durante a semana. Así, este servizo público estará aberto de luns a venres en horario de 08:00 a 20:30 horas de xeito ininterrumpido, despois de aplicarse un horario reducido durante a tempada de verán.
Nas xornadas de sábado o horario de apertura do centro será de 11:00 a 13:30 horas.
Con esta medida vense a mellorar este servizo público facilitando ao público en xeral máis tempo de uso tanto da consulta e préstamo de fondos como da sala de estudo.
O centro, con milleiros de volumes dispoñibles, conta cunha sala adicada ao público infantil e sala de estudo e nos últimos meses incorporou novos títulos, en galego e castelán aos seus fondos, correspondentes a distintas novidades editoriais.
