Silleda, 30 de novembro de 2016. A maioría dos usuarios/as do comercio local de Silleda valoran sobre todo a calidade dos produtos ofertados e a atención dispensada aos clientes. Este é un dos datos que arroxan os resultados das 374 enquisas (mostra representativa da poboación do municipio) realizadas polos alumnos/as do Ciclo Superior de Marketin e Xestión Comercial do IEs Pintor Colmeiro de Silleda, e que hoxe se presentaron aos membros do sector.
A enquisa amosa, por outra banda, que os clientes botan en falta unha maior variedade da oferta, así coma máis promocións e descontos por parte das tendas locais.
O estudo realizado polo alumnado tamén incluiu enquisas con todos os comerciantes do municipio, -na que non todos quixeron participar-quedando finalmente o resultado en 149 comercios que sí respostaron.
“Chama a atención unha vez analizados os resultados, as diferencias que existen entre como nos vemos nós (comercio) e cómo nos vén os consumidores”, sinalou a concelleira de Comercio, Ana Luisa González.
Dende a Concellería considérase que a reunión de hoxe e o estudo realizado son unha oportunidade para facer unha análise DAFO (Debilidades, Ameazas, Fortalezas e Oportunidades).
Así mesmo, o poñente Agustín Pérez axudou ca súa exposición con propostas para mellorar algúns aspectos do comercio e dinamizar o sector. Así falou sobre ilumación de locais, tendencias en consumo e novas oportunidades de negocio e adicou unha das partes da charla a abordar se o comercio sorprende ou aburre aos seus clientes.
Durante o encontro, a concelleira tamén animou aos asistentes a que expuxeran as súas necesidades e propostas para a levar a cabo co apoio do Concello de Silleda. Así falouse da posibilidade de realizar cursos de formación en materia de comercio electrónico, tendo en conta ademais que nas enquisas moitos dos participantes manifestaron mercar on-line de xeito habitual.
Así mesmo, o encontro arrancou cun vídeo de impacto que busca sensibilizar á poboación en xeral sobre a importancia de manter o comercio local. “Non é só pensar que o consumidor se comprometa a mercar no pobo, senon que tamén os comercios se impliquen en mellorar para ser atractivos”, engadiu a concelleira.
Por parte de ECOS, no encontro interviu Alberto López Iglesias que destacou a importancia do asociacionismo para o sector.