Silleda, 26 de novembro de 2014. A cancha de prácticas do campo da Escola Municipal de Golf Rústico está xa completamente equipada. Nas últimas semanas completouse toda a dotación prevista, incluindo a cuberta para poder usar a cancha, que conta con 12 postos, con condicións climatolóxicas adversas.
As instalacións atópanse na rúa I nas parcelas cedidas ao Concello por varios propietarios da zona. O campo de entrenamento conta con 250 metros de longo por 100 de ancho. Entre outros elementos dispón de máquina expendedora e recolledora de bolas.
As clases da Escola de Golf de Silleda, comezaron a pasada fin de semana, con dous grupos de alumnos e continuarán o vindeiro sábado con unha xornada na que está prevista a asistencia de máis de 14 persoas.
“Con estas dotacións a cancha está totalmente equipada para a realización das clases da Escola, unha das novidades da oferta deportiva deste ano”, apunta o alcalde, Manuel Cuiña.