Silleda, 9 de outubro de 2013. O programa Plan Activa 2013, recalará o vindeiro día 4 de novembro en Silleda cunha sesión informativa informativa para mozos e mozas. A cita será na Casa da Xuventude, ás 17.00 horas. As persoas interesadas en asistir a esta sesión, que terá dúas horas de duración, poden informarse e inscribirse neste centro municipal (986 580064). Ademais, os menores de 30 anos que asistan recibirán o correspondente diploma de asistencia.
Para a celebración desta actividade é preciso contar cun mínimo de 10 persoas, que deben de inscribirse na Casa da Xuventude. Na sesión informarase sobre programas e axudas dirixidos á mocidade. Así, informarase sobre axudas en materia de mobilidade, participación, formación, vivenda, voluntarios, emprego ou outras subvencións dirixidas ao colectivo.
Co ánimo de difundir os programas e aportar información á mocidade, abordaranse ademais distintos contidos, coma os carnés xoves, campañas de verán, de intercambio xuvenil, formación…
“Cremos que se trata dunha iniciativa interesante para que os mozos e mozas de Silleda teñan información precisa sobre axudas, recursos e vantaxes en distintos ámbitos”, sinala o concelleiro o Xuventude, Klaus Brey, que anima aos mozos e mozas a asistir a esta sesión.