A Concellería de Benestar Social celebra o vindeiro 31 de outubro un magosto no Centro Social dos Maiores da Bandeira

O prazo para inscribirse abrirase este luns día 30 e pechará o 20 de outubro

O vindeiro xoves 31 de outubro celebrarase no Centro Social dos Maiores da Bandeira un magosto a partir das 18:00 horas. Haberá castañas asadas e tamén empanada, pinchos variados, sobremesa e bebidas. A animación  musical virá da man de Suso de Melide.

O prezo é de 12 euros por persoa. As entradas poden retirarse dende este luns día 30 tanto no Centro Social da Bandeira como no Centro Social de Silleda.

Para máis información, as persoas interesadas poden chamar ao 986 592037. O prazo para anotarse está aberto ata o 20 de outubro.