Silleda, 12 de marzo de 2018. A Concellería de Benestar Social, a través do Club do Centro Social dos Maiores, organiza unha nova excursión. O destino será a Costa Cálida, na Manga do Mar Menor, entre os días 9 e 15 de maio próximos.
Visitaránse cidades como Cartagena, Murcia, Caravaca de la Cruz.. Así mesmo, tamén se farán paradas nos traxectos de ida e volta en Aranjuez e La Granja de San Ildefonso, respectivamente, visitando estas dúas localidades.
O prazo para anotarse abrirase o vindeiro venres día 23. O prezo da excursión é de 385 euros, incluindo a viaxe en autobús, 6 noites de hotel , pensión completa, seguro de viaxe e visitas a distintas localidades.
As prazas son limitadas e as personas que desexen participar ou recibir máis información poden chamar ao 986 581028 ou achegarse ata a Casa da Cultura de Silleda, en horario de 08:00 a 14:00 horas.
“Ao igual que en anteriores excursións tratamos de combinar o tempo de lecer con visitas de interese cultural para os nosos veciños e veciñas”, explica a concelleira Pili Peón.