Silleda, 5 de abril de 2017. Este venres día 7 ás 11:30 horas terá lugar no auditorio Semana Verde a primeira das actividades do trimestre organizadas dende a Concellería de Educación de Silleda, que dirixe Pili Peón, para os centros educativos.
A cita será con Migallas Teatro e o seu espectáculo Canta Connosco n canto ás actividades extraescolares financiadas pola Concellería de Educación informouse de que o vindeiro 7 abril terá lugar a sesión de Teatro “Canta Connosco”, de Migallas Teatro, no auditorio Semana Verde.
Á cita asistirán alumnos e alumnas de Infantil e de Primeiro de Primaria dos tres centros educativos do municipio así como o alumnado do último curso da Escola Infantil A Galiña Azul.
O espectáculo está baseado no xa mítico disco Canta connosco, con cancións que fixeron cantar e bailar a varias xeracións de rapaces.
As actividades da Concellería de Educación tamén se completan para secundaria coa mostra Sorrisos Transformadores, que se inaugura mañá na Casa da Cultura,coa conferencia de Cristina Palacios, presidenta do colectivo Arelas.
En canto ao alumnado de Primaria, o teatro tamén protagonizará a actividade prevista para o 2 de xuño con “A Galiña Azul”, de UBÚ Teatro, baseada no texto homónimo de Carlos Casares. Ademais, entregaránse exemplares desta obra aos centros escolares.