Silleda, 19 de outubro de 2013. A Concellería de Medio Rural e Servizos, que dirixe Klaus Brey, ten a día de hoxe un total de tres proxectos de mellora viaria en distintas parroquias. Suman un total de 14 pistas a mellorar, con unha inversión global de 292.714 euros.
Así, ademais das actuacións anunciadas hai días, que se incluiron no Programa de Desenvolvemento Rural (PDR) para as parroquias de Escuadro (Outeiro(); Abades (Bazar) e A Bandeira –e que suman máis de 90.000 euros, dende a Concellería tamén se prevé executar nos vindeiros meses dous proxectos do PID, o deste ano e do de 2012, que está a punto de adxudicarse.
Así, neste último figuran seis viais, por importe de 95.256 euros. Estos viais atópanse en distos núcleos de poboación das localidades da Bandeira, Silleda, Cortegada, Negreiros e Taboada.
En todas elas, ademais de limpar as cunetas e beravías tamén se realizará unha dotación de rego asfáltico para proceder ás necesarias reparacións.
No caso da Bandeira, actuarase en dous tramos, o de A Devesa, con case un kilómetro de lonxitude (ten 850 metros), e no calello de Agro do Balo. O importe destas actuacións é de 21.466,70 euros.
O vial de Sachocos, na parroquia de Negreiros, é pola súa dimensión, cun total de 2 kilómetros de lonxitude, o que precisa unha maior inversión, sendo o orzamento do proxecto de 27.205,58 euros.
No caso de Silleda, actuarase no vial que transcorre dende a rúa Pintor Colmeiro ata o vial que da acceso ao recinto Semana Verde, cunha inversión de 6.370 euros (tramo de 365 metros)
Na parroquia de Cortegada actuarase sobre a pista do lugar de O Barral, no que tamén se invertirán 6.094 euros, e 110 metros de lonxitude.
A outra actuación a realizar con cargo ao PID será no lugar de A Ponte, na parroquia de Taboada, onde se arranxará un vial de 170 metros de lonxitude por importe de 3.798 euros.
“Agardamos que estas actuacións se inicien no menor prazo de tempo posible, xa que se trata de melloras pendentes moi urxentes polo grave deterioro dos viais”, sinala Klaus Brey.
PID 2013, catro novos viais
O terceiro dos proxectos, corresponde ao PID 2013, cun investimento de 98.610 euros, nun total de 5 viais, en Manduas, Escuadro, Ponte e Cortegada.
En Manduas renovarase o vial que vai dende o lugar de Outeiro, pasa por A Viña e transcorre ata Marrás. En Escuadro tamén se arranxará o vial de Cumbraos. No caso de Cortegada, a actuación a realizar consiste na reparación do vial que une Camporrado con Regalade. .
Ademais na parroquia de Ponte farase a actuación máis ampla (polas dimensións do vial), con unha mellora que afecta a tres subtramos.
“Con esta actuación continuamos a liña deste goberno de mellorar as vías de comunicación e os servizos para os veciños e veciñas do rural”, sinala Klaus Brey, que lembra que moitas destas pistas están deterioradas polo aumento do tráfico pesado, entre outros factores.
“Faranse unha renovación dos viais en todos os casos”, engade o concelleiro destacando o esforzo realizado dende o goberno na conservación e mellora de infraestruturas.