-Coa finalidade de fomentar o uso do galego, estes programas contarán con actividades dirixidas a pequenos e adultos durante todo o ano
Silleda, 28 de marzo de 2016. A Concellería de Normalización Lingüística do Concello de Silleda, presidida pola edil Aida Castro, ven de presentar dous programas de actividades para o fomento e a posta en valor do uso do galego dentro do municipio.
Estas accións, que se levarán a cabo ó longo do presente ano, están divididas en dous grupos de idade. Así, o primeiro programa, denominado “Medrando en galego”, está dirixido a nenos e nenas de entre 0 e 12 anos e comprende dúas accións.
A primeira, “Verbas no ar”, contará con talleres de contacontos, e outras actividades de fomento do uso do galego aínda por concretar, que se realizarán ó longo de todo o ano. Tamén haberá un obradoiro de recursos educativos en galego para familias, que se celebrará no mes de maio.
A segunda das accións, chamada “Aloumiños en galego”, consistirá na entrega dunha caixa-agasallo con artigos de puericultura, ás familias de todos os bebés nados en este ano 2016, para o fomento do uso do galego da familia co bebé. Esta iniciativa, da que se dará conta do seu comezo nos próximos días, será totalmente gratuíta e retroactiva, para todos os nenos e nenas nados dende xaneiro deste ano.
O segundo dos programas, “Luscofusco”, pretende o fomento do uso do galego na poboación en xeral, e nos diversos sectores comerciais, económicos e sociais, e repártese en catro actividades principais:
Un curso de recursos expresivos, que terá lugar despois do verán, e que tratará a expresión oral e escrita creativa, para fomentar as habilidades comunicativas en galego.
Tamén se continuará coa campaña de dinamización lingüística no comercio “Silleda agasalla”, que se porá en marcha no Nadal. Esta proposta, de moito éxito nos últimos anos, consiste na elaboración de adhesivos de felicitación, con lemas en galego, deseñadas polos alumnos dos centros educativos do municipio, e repartidas aos comercios que as soliciten para decorar os regalos de Nadal.
Outras das actividades que xa se ven realizando dende fai anos e o concurso de microrelatos, dirixido a todo o público, en dúas categorías, unha de 6 a 12 anos, e outra de 13 en adiante. Esta actividade convocarase no próximo mes de abril, e desenrolarase ata a festa das Letras Galegas.
Tamén por esas datas terá lugar a última das accións comprendidas dentro deste programa, que será a edición por parte da Concellería de Normalización Lingüística dun marcapáxinas conmemorativo do Día das Letras Galegas, adicado este ano a Manuel María.
Contacontos para conmemorar o día do libro infantil e xuvenil
Dentro das actividades de normalización lingüística, que se engloban baixo o lema “Verbas no ar”, o próximo sábado día 2, ás 12.00 h., e conmemorando o día do libro infantil e xuvenil, terá lugar no Centro Cultural Vista Alegre de Bandeira a sesión de contacontos “Contos de Cores”, unha actividade de contos para escoitar e ver, recomendada para nenos de ata 8 anos, con participación gratuíta.
Do mesmo xeito, e dende a Concellería de Cultura, que dirixe María José Fernández, programouse para o vindeiro martes día 5 de abril outra sesión de contacontos, tamén con motivo da celebración do Día do Libro infantil e xuvenil. Trátase da representación de “Dada o Duende”, enmarcada no programa Ler conta moito, da Rede de Bibliotecas de Galicia. Esta actividade, indicada para nenos de 3 a 12 anos, levarase a cabo na biblioteca municipal Daniel Castelao de Silleda, ás 17.00 horas.
Ler conta moito, é un programa de dinamización da lectura promovido pola Consellería de Cultura en colaboración cos Concellos, para contribuír á promoción da lectura como vehículo de enriquecemento e aproveitamento persoal.