Silleda, 24 de abril de 2013. A Concellería de Obras e Servizos, que dirixe Manuel Cuíña, está a realizar as obras de acometida de electricidade no albergue de peregrinos da Bandeira. Operarios do departamento comezaron hoxe os traballos e continuarán nos vindeiros días para dotar de luz ao edificio modular, que está xa moi avanzado.
“O albergue está prácticamente rematado”, sinala Manuel Cuíña, que hoxe visitou o lugar onde os operarios municipais están realizando este traballo. Xa antes da instalación dos 13 módulos que compoñen o edificio, a Concellería realizou a acometida de agua e saneamentos, servizos básicos que lle correspondía dotar ao Concello para esta obra para a que se firmou un convenio co Xacobeo.
A dotación foi adxudicada pola Secretaría Xeral de Turismo á empresa Aopil, por importe de 216.016 euros. A parcela da propiedade dunha familia da Bandeira, á que dende o Concello se lle agradece a cesión realizada mediante convenio, terá o acceso principal dende a rúa Lourás.
O edificio está feito con prefabricados de alta calidade, con climatización, un patio interior cuberto, e instalacións de enerxías renovables, en pranta baixa. A capacidade, como xa se anunciou no seu día, é de 36 prazas. O espazo distribuese en dormitorios, dormitorios para persoas con discapacidade, aseos, duchas e cociña-comedor. Así mesmo, as zonas disponibles entre os módulos servirán como áreas de descanso e zona de lavado e secado.
O exterior do edificio xa está revestido con paneis de resinas termoendurecibles mentras que os espazos xenerados entre os módulos realizaranse a base de pranchas de polietileno reticulado. O convenio entre o Concello de Silleda e o Xacobeo establece que a cesión do terreo se realizará por un prazo de 15 anos, coa posibilidade de revisar o acordo no primeiro lustro.