A Concellería de Participación Cidadá programa unha excursión para os maiores en maio a Torremolinos

 

Silleda, 15 de marzo de 2014. A Concellería de Participación Cidadá, que dirixe Pili Peón, programou para o mes de maio unha excursión dirixida aos maiores. A expedición, que rematará na cidade malagueña de Torremolinos, terá lugar entre os días 7 e 14, con distintas paradas para coñecer e visitar outras cidades.

A saída do autobús dende Bandeira e Silleda, será o mércores 7 de maio ás 06.30 horas. Cáceres será o primeiro destino do grupo que fará noite e visitará esta cidade. O xoves día 8 a excursión continuará cara a Sevilla, cun xantar na capital hispalense, saíndo despois cara a Torremolinos. Logo da xornada libre do día 9 de maio, o sábado día 10 haberá unha visita a Granada, percorrendo as rúas e visitando tamén a Alhambra. Xa o domingo 11 celebrarase tamén unha excursión a Mijas.

O itinerario de volta comezará o martes 13 de maio coa saída dende Torremolinos cara a Toledo, onde pernoctarán os asistentes a esta excursión que continuará con unha visita a Ávila, onde terá lugar o xantar da última xornada.

O prezo é de 360 euros por persoa, incluíndo aloxamento en réxime de pensión completa, xantar, e tamén a visita a Alhambra e todas as comidas. Todos aqueles que estén interesados poden facer xa a súa reserva na Casa da Cultura de Silleda (986 581028)  ata o vindeiro 25 de abril. As prazas son limitadas.

“Ademais da oferta de ocio, o programa inclúe interesantes visitas e percorridos dende o punto de vista cultural, para coñecer distintas cidades”, engade a concelleira Pili Peón.