Silleda, 21 de outubro de 2016. O Concello de Silleda, a través da Concellería de Sanidade e Benestar Social, promove a celebración dunha charla sobre ximnasia abdominal hipopresiva (Low pressure fitness), un tipo de ximnasia respiratoria e postural con múltiples beneficios para a saúde. A cita será o vindeiro sábado día 29 ás 21:00 horas. As persoas que desexen asistir só teñen que acudir á Casa da Cultura (aula Pintor Colmeiro).
“Tentaremos seguir dando a coñecer aos nosos veciños e veciñas aquelas técnicas e cuestións que como neste caso redunden nunha mellora da nosa calidade de vida”, explica a concelleira de Sanidade, Pili Peón.
Dende a concellería de Sanidade Pili Peón A sesión, cunha charla explicativa, demostración de algunhas posturas e o testimonio de persoas que a practican, será impartida por Pili Gorís e Montse Barcala.
A ximnasia abdominal hipopresiva conta con beneficios posturais, para reforzar a musculatura do solo pélvico, (recuperación e tonificación no post-parto, problemas de incontinencia urinaria…)prevén a formación de hernias (discais ou inguinais…) é boa para a circulación e tamén se usa como fórmula antiidade e como mellora no redemento deportivo ao aumentar a capacidade respiratoria. Esta técnica comezou a realizarse a nivel terapéutico e agora estase a introducir tamén no fitness.