A Deputación pon en marcha unha nova edición de Campamentos A Lanzada con inscrición a partir do 3 de marzo

O Concello de Silleda, a través do departamento de Educación, que dirixe Ángela Troitiño, volve asesorar, orientar e tramitar as solicitudes para obter praza nos “Campamentos A Lanzada” 2025.

O vindeiro luns 3 de marzo ábrese o prazo de solicitudes e remata o venres 21 de marzo. Poderán participar os nenos e nenas empadroados nalgún concello da provincia de Pontevedra nados entre os anos 2012 e 2017 (ambos inclusive). Ofértase un total de 11 quendas repartidas entre os meses de xuño e setembro.

O prezo é de 110 euros e ten un custe reducido para familias numerosas e monoparentais, sendo de 80 euros.

Xa están dispoñibles as bases para consultar na páxina web da Deputación de Pontevedra (preme aquí). Para máis información, as persoas interesadas poden contactar co departamento de Servizos Sociais do Concello de Silleda a través do teléfono 986 592 037.