Silleda, 3 de outubro de 2020. A Escola de Empoderamento Feminino posta en marcha polo Concello de Silleda a través do departamento de Igualdade, retoma a súa actividade cun novo ciclo formativo. Así, desenvolverase un obradoiro de elaboración de queixos que tamén capacitará ás participantes para traballar en queixarías. O curso comezará o vindeiro día 15, con doce prazas, e continuará ata o 3 de decembro todos os martes e xoves de 17:00 a 19:00 horas.
Ademais dunha parte teórica, con sesións formartivas que se impartirán na Casa da Cultura de Silleda, este obradoiro contará cunha parte práctica que se realizará nunha queixaría. O prazo de inscrición abrirase este martes día 6, (ata o martes 13) e as persoas aspirantes serán admitidas por orde de inscrición. Hai que formalizala a través do Centro de Información á Muller (CIM) , chamando ao 986 592037 ou ben a través do mail cim@silleda.es.
No obradoiro impartiránse os coñecementos teóricos e prácticos básicos para entender os principais sucesos químicos e microbiolóxicos que teñen lugar no queixo, durante o proceso de fabricación e maduración. Adicionalmente aos procesos técnicos de elaboración e preparación de queixos búscase a formación de persoal nos ámbitos de hixiene alimentaria, organización interna dunha quesería –que garanta a seguridade alimentaria e unha producción ordenada-. Igualmente teranse en conta os aspectos relativos á xestión medioambiental e de seguridade e saúde, sempre imprescindibles.
Entre os obxectivos específicos deste ciclo figuran a adquisición por parte das alumnas participantes dunha cualificación específica que lles proporcione os coñecementos precisos para desenvolver a súa actividade laboral nunha industria de productos lácteos, concretamente nunha quesería; así como capacitarse para elaborar queixos e derivados dun xeito autónomo.
A Escola de Empoderamento de Silleda nacía en setembro de 2018 co obxectivo de convertirse nun espazo de encontro no que as mulleres analicen as súas propias experiencias e poidan disponer de ferramentas que contribúan a reforzar o seu sentido de individualidade e asuman responsabilidades sobre as súas propias decisións.
O fomento da empregabilidade é unha das liñas de actuación desta iniciativa do departamento de Igualde, que dirixe Ángela Troitiño. “Queremos seguir traballando para favorecer o emprendemento como motor de progreso na sociedade”, indica a concelleira.
A atención aos núcleos rurais e a súa dinamización é outra das claves desta iniciativa, que se pon en marcha tendo en cota o peso específico do sector lácteo no municipo e na comarca do Deza.
A actividade da industria láctea en Galicia ten un gran peso específico na economía galega (acerca do 1,7% do PIB galego, moito maior si a análise realízase nas comarcas especializadas), e ademais é unha fonte xeradora de emprego e cunha alta presencia da muller en todas as fases do proceso.
Galicia xenera o 40% de toda a producción láctea de España. A produción galega concéntrase en catro comarcas: o Deza é unha delas.
Silleda e toda a comarca do Deza, teñen dispoñibilidade suficiente de materia prima para o desenvolvemento desta actividade económica, que precisa dunha cualificación específica para poder obter produtos de calidade e ter empregabilidade nunha empresa do sector.
Este novo obradoiro formativo ten como obxectivos específicos o proporcionar coñecemento dos diferentes tipos de queixo e dos productos lácteos en xeral;
coñecemento dos proceso físico-químicos que teñen lugar durante a producción do queixo; dos diferentes tipos de leite e os seus componentes; levar a cabo a normalización e pasterización da leite pevias ao proceso de elaboración do queixo; coñecer os tratamentos necesarios para obter o soro procedente do desorado da callada nun produto exento de risco sanitario e aproveitable para distintos usos industrais; aplicar eficazmente os métodos e técnicas de procesado, salado e maduración orientados a obter distintas variedades de queixos; realizar as operacións de embalaxe e almacenamento para as distintas variedades de queixos e levar a cabo a xestión integral do almacén; coñecer e saber interpretar os sistemas de xestión para a seguridade alimentaria; utilizar eficazmente as técnicas de manipulación de alimentos e preparación do posto de traballo na industria queixeira;
métodos de traballo a seguir e coñecer os sistemas productivos da quesería; seguridade e saúde nos postos de traballo así como actividades medioambientais a seguir para reducir os impactos ambientais dunha quesería.