-Na sesión, ás 20.00 horas no pavillón municipal César G. Fares, participarán 107 alumn@s
Silleda, 22 de xuño de 2016. Pasado mañá venres día 24 terá lugar no pavillón municipal de Deportes César G. Fares de Silleda a xa tradicional exhibición de fin de curso da Escola de Patinaxe de Silleda, na que participarán 107 alumn@s.
A cita comezará ás 20.00 horas e contará con 14 actuacións individuais e outras 7 de grupo. A Escola de Patinaxe de Silleda é unha das máis numerosas cun total de 104 alumnas e 3 alumnos (son 107 en total). Centos de persoas veñen acudindo cada ano a esta celebración das escolas, que este ano cumpre a súa duodécima edición, con clases impartidas pola silledense Belén Miguez.
A concelleira de Deportes, Ana Luisa González Costa, felicita aos integrantes da Escola de Patinaxe polo traballo realizado e a consolidación deste festival de fin de curso “no que os asistentes poderán comprobar o grande nivel do alumnado”, engade.