Silleda, 8 de agosto de 2025. As Festas de Verán da Bandeira, coa empanada, como protagonista, voltan á vila silledense do 20 ao 24 de agosto próximos. A presentación da festa gastronómica, que estrea declaración de Interese Turístico Nacional e que dende hai case 5 décadas xunta preto de 10.000 persoas en torno a un dos pratos máis afamados da cociña galega, na carballeira da localidade, tivo lugar hoxe na praza Juan Salgueiro da vila.
No acto, déronse a coñecer os carteis dos distintos eventos por parte da Asociación Amigos da Empanada, que preside Manuel Cuíña, e que estivo arroupada por membros da Corporación, encabezada pola alcaldesa, Paula Fernández, e representantes da Deputación e da Xunta de Galicia, entre outras entidades colaboradoras e patrocinadoras das festas.
A cita gastronómica recupera o formato tradicional, concentrando o tradicional concurso e a poxa das pezas gañadoras en horario de tarde.
Mércores 20
Os festexos arrancarán xa o mércores día 20 coa celebración do VII Entroido de Verán coa temática de Superheroes e Superheroínas, con premios para os mellores disfraces e animación musical. A partir das 19:00h terá lugar una ximcana infantil e xa ás 23:00 h, festa amenizada por Dj MdeMasu e DjCID. Será na rúa Camilo José Cela, organizado en colaboración coa Asociación de Xenerais e Xeneralas da Bandeira.
Xoves 21
Xa o xoves dia 21, arranca a programación ás 18:00h coa celebración da XIII Ruta da Empanadilla polos locais hosteleiros da vila, amenizado polos grupo Sin Son e a Charanga Os Kokakolas, e as 19:30h celebrarase un obradoiro infantil de elaboración de empanadillas no Restaurante Terra Mollada, onde as nenas e os nenos interesado/as en asistir, deberán inscribirse ata o martes 19 no teléfono 627923469.
Para rematar a xornada o rock será protagonista cunha nova edición do XXVI Bandeirock, comezando ás 21:30h, na que actuarán o grupo local Marela, o artista silledense Rodrigo Ramos e banda, Leria, Calle del Ruido e Cuarta Xusta.
Venres 22
Na xornada do venres día 22, na que se procederá xa ao corte da estrada nacional N-525 (o tráfico estará desviado ata a madrugada do luns), o programa arranca con diversas actividades pola tarde. A partir das 17:00h celebraranse xogos tradicionais infantis a cargo de Sororas e ás 19:00h o XIII Campionato de Tiro á Corda.
O broche de ouro á xornada do venres chega co XXXV Esmorga Folk, ás 21:30h, un dos festivais máis senlleiros do panorama galego da música tradicional, que este ano cumpre o seu 35º aniversario. Na cita estarán presentes Estraloqueiras, Carapaus, Tiruleque, De Ninghures e Catuxa Salom.
Sábado 23: Xornada estrela: concurso e pregón
O sábado chega a cita estrela do programa, coa celebración da 49º Festa da Empanada, declarada de Interese Turístico Galego no ano 1999 e que estreará o sábado 23 a declaración de Interese Turístico Nacional.
Pola mañá a Banda Recreativa e Cultural da Bandeira, dará un pasarrúas ás 11:30h previo á celebración dos oficios relixiosos, e procesión. Ao remate dos mesmos celebrarase unha sesión vermut amenizada pola Charanga Noroeste.
A partir das 16.00 horas arranca a cita coa gran protagonista da gastronomía silledense. O presidente da Asociación Amigos da Empanada da Bandeira, Manuel Cuíña, explicou durante a presentación que as empanadas que se presenten a concurso recolleranse de 16.00 a 18.00 horas, na propia Carballeira da festa.
Cuiña avanzou que o pregoeiro desta edición será o actor Xulio Abonjo, coñecido por participar en numerosas series como Fariña, Pazo de Familia ou Cuestión de Sexo, que tomará o día 23 o relevo de Fernando Romay para pregoar as bondades da empanada da Bandeira.
Na cea das peñas, para as que xa está aberta a reserva de mesas, agárdase de novo acadar as 10.000 persoas.
Na cita non faltará animación musical, a actuación do grupo local Xirandola (que xa actuou tamén na presentación de hoxe) nin o tradicional concurso de empanadas.
En canto ao concurso, un xurado valorará o sabor, presentación e orixinalidade das empanadas que se presenten ao concurso, concedendo como sempre premios en dúas categorías: amateurs e profesionais.
Coas empanadas premiadas, celebrarase a tradicional subasta, a cargo de Pepe Ayude, coa que se esperan alcanzar altas cifras de venta que axudan sempre á organización da festa
A partir das 22:00h celebrase a cena das peñas, amenizada por Varacuncas e Os Atrevidos, na Carballeira.
A verbena da multitudinaria xornada do sábado, que voltá á estrada N-525 e estará amenizada pola Orquestra New York e o Grupo América SL.
Reservas ata o día 18
Cuíña tamén lembrou que o prazo de reserva de espazo para a cea das peñas do sábado está aberto e que rematará o vindeiro día 19. Os socios e as persoas que estén interesadas en reservar sitio deben achegarse polas tardes ao centro cultural Vista Alegre en horario de 18:00 a 21:30 h para formalizar as reservas, ou facelo a través do watsapp 621087117 realizando o abono do prezo correspondente no número de conta da Asociación. “É moi importante para nós, por cuestións de operatividade, que se cumpra o prazo e que a xente non espere ata o último día”, dixo lembrando o traballo que supón a montaxe das mesas.
Domingo24
O domingo, A Banda de Música Municipal de Silleda fará un pasarruas a partir das 11:30, previo a misa cantada polo Coro vales Mahía que celebrarase ás 12:00 h, trala qeu poderase disfrutar dun concerto da devandita banda, ás 13:00 h.
Tamén pola tarde haberá o espectáculo infantil con Pulpiño Viascón, ás 18:30 na rúa Xeral, e as 20:00 concertos das bandas de Bandeira e Silleda nas que disfrutaremos dunha sesión de bailables
Cuiña agradeceu en nome da organización o apoio dos veciños e veciñas da Bandeira, así como das institucións e das empresas e comercios que están a colaborar coa festa, persoas socias e do Concello. Tamén apuntou que a veciñanza pode facer as aportacións económicas na conta que a comisión ten na entidade Abanca.
Cuiña destacou tamén a colaboración de colectivos da localidade que participaron na organización dos eventos “faise pobo cando todos e todas traballamos para o fin que nos ocupa, celebrar a mellor festa da contorna”
Esta colaboración quedou perfectamente reflectiva no cartaz que tamen se presentou e que foi elaborado polo fotógrafo e veciño da bandeira Alberto Pereiras (ALPEREIRAS), en colaboración con Marcos Cardoso e EMSE, que recollen nunha estudiada composición fotográfica que vai referenciando o trascorrer da festa e a implicación da veciñanza na mesma.
Apoio institucional
Na presentación interviron, ademáis de Manolo Cuiña, o Deputado Provincial Jorge Cubela, o delegado da Xunta en Pontevedra, Agustín Reguera, a alcaldesa de Silleda, Paula Fernández e o pregoeiro Xulio Abonjo.
Cuiña agradeceu as aportacións e a colaboración das distintas institución. Ademais do Concello de Silleda, dende a Xunta a través de Turismo de Galicia, a Festa da Empanada percibirá unha subvención de 30.000 euros (5.000 deles aportados por Abanca), e outros 7.000 euros por parte da Deputación de Pontevedra, que tamén colabora con esta cita a través do programa Máis Música, que traerá o venres a De Ninghures e Tiruileque ao Esmorga Folk.
A alcaldesa de Silleda, Paula Fernández, pechou as intervencións reiterando o apoio do Concello “á festa de Silleda con máis proxección” e que é xa unha seña de identidade do municipio.
