Silleda, 11 de decembro de 2014. O campanario da igrexa parroquial de Santa Olaia de Silleda leva xa varios días prendido. Con esta medida, dende o Concello recupérase a ilumniación deste enclave que levaba xa varios anos sen prender por mor de unha avería.
Dende o Concello, o alcalde, Manuel Cuiña, explica que o campanario continuará prendido “de momento durante as festas de Nadal, e despois estudiaremos, en base a niveis de consumo e outros factores, se continúa esta medida”, engade.
O encendido do campanario tamén fora solicitado no seu día pola Asociación de Amigos de Silleda.
Por outra banda, está previsto que o alumeado de Nadal, que xa comezou a instalarse en rúas de Silleda e da Bandeira, se encenda o vindeiro luns día 15. “Este ano fixemos un esforzo, acorde coa mellora económica das contas municipais, para iluminar máis espazos públicos durante a celebración do Nadal”, explica o alcalde. Os arcos lumínicos colocaranse ademais de nas dúas vías principais (na rúa Trasdeza de Silleda e a rúa Xeral de Silleda) noutras rúas transversais.