A Unidade Móbil de Inspección Técnica de Vehículos Agrícolas desprazarase de novo ao municipio de Concello de Silleda nas vindeiras semanas, ofrecendo o servizo en diferentes parroquias e emprazamentos do termo municipal entre este venres día 23 de xaneiro e o 18 de febreiro de 2026.
O horario habitual de atención será de 9:00 a 13:30 horas pola mañá e de 15:15 a 18:00 horas pola tarde, aínda que en determinadas xornadas o servizo prestarase unicamente en horario de mañá.
A primeira das paradas será a parroquia de Laro (Campo da Festa), onde a unidade estará este venres día 23 (pola mañá) , o luns 26 e o mércores 28.
En Graba (Campo da festa) o servizo estará dispoñible dende o xoves 29 de xaneiro ao 3 de febreiro, estando o venres 30 só en horario de mañá.
En Silleda as revisión realizaránse no parque empresarial Área 33, no aparcadoiro a carón da planta de Sogama, do 4 ao 11 de febreiro (os días 6 e 11 só en horario de mañá). Por último a ITV móvil achegarase a Lamela, xunto ao centro social do 12 ao 18 de febreiro (o día 13 só pola mañá).
Desde o Concello de Silleda lembrarase que este servizo facilita á veciñanza do rural o cumprimento da normativa vixente sen necesidade de desprazarse a outros municipios, especialmente no caso dos vehículos agrícolas.
Así mesmo, o Concello xa procedeu a difundir a información a través de bandos e outros medios municipais, co obxectivo de garantir o mellor aproveitamento do servizo por parte das persoas usuarias.
Para calquera consulta adicional, as persoas interesadas poden informarse a través das canles habituais da estación de ITV.
