A marquesiña de Sante foi reposta polo Concello logo dos danos causados por un camión

Silleda,  5 de marzo de 2013. Operarios do Concello de Silleda remataron  nas últimas horas a instalación dunha marquesiña na parada de Sante, parroquia de Laro. Esta instalación, que se puxo nova hai menos dun ano  tivo que ser substituía logo de que un vehículo acabara empotrándose contra ela.

 

A marquesiña está xa instalada de novo, e dende o departamento de Obras e Servizos reclamarase agora o seu custe á compañía aseguradora do vehículo que causou os danos.

O concelleiro Manuel Cuíña lembra que esta dotación foi colocada en abril do pasado ano, logo de sete meses de intensas xestións para conseguir dar servizo a unha alumna que, de non contar con esta parada tería que camiñar algo máis de dous kilómetros para coller o autobús escolar.

 

A instalación foi asumida polo goberno autonómico, logo da petición formulada dende o Concello (que fixo a colocación) , que solicitou ademais que se contemplara esta parada no percorrido diario que autobuses que pasan pola estrada PO-530, en dirección Pontevedra ou Vigo.