Silleda, 13 de xaneiro de 2017. Hoxe celebrouse a sesión extraordinaria da Mesa de Persoal do Concello de Silleda, órgano no que están representados os traballadores municipais a través do Comité de Empresa e os sindicatos. Acudiron á xuntanza representantes de CCOO, CIG e CSIF ademais dos membros do comité de empresa, nunha sesión na que o alcalde, Manuel Cuiña, e a concelleira de Persoal, Ana Luisa González, expuxeron as principais liñas que se recollerán no orzamento para 2017 dentro do Capítulo 1, de Persoal.
A proposta foi aprobada por unanimidade.
Dende o goberno municipal o alcalde, Manuel Cuiña, lembra que todo os membros do executivo están a avanzar na elaboración dos orzamentos dos respectivos departamentos para este exercicio, “coa firme intención de levalos a pleno en canto sexa posible”, engade.