Silleda, 19 de outubro de 2019. A obra do campo de fútbol da Gandareira, na localidade da Bandeira, recibiu o premio “Panorama de Obras”, da XI Bienal Iberoamericana de Arquitectura e Turismo, celebrada en Asunción a semana pasada.
O campo, inaugurado hai agora un ano e deseñado polo arquitecto silledense Abraham Castro, foi unha das 20 obras de toda España que estiveron presentes neste prestixioso certame da capital paraguaia.
“Estamos moi satisfeitos por este recoñecemento a nivel internacional do campo de fútbol da Bandeira”, indica o alcalde, Manuel Cuiña, que lembra a gran aposta inversora realizada pola Deputación de Pontevedra e o Concello de Silleda para a consecución do novo estadio e a urbanización e humanización do seu entorno.
Na BIAU, organizada polo Ministerio de Fomento, a obra silledense foi a única obra galega que chegou á final, e a única de España xunto co Museo do Clima de Lleida, obra de Toni Gironès, que recibiu un premio neste prestixioso certame de arquitectura.
Así mesmo, fotos da obra así como pequenos videos e imaxes que se tomaron durante a construcción foron proxectados en diferentes galería e espacios exposivitivos durante toda a semana pasada no barrio de La Chacarita de Asunción.
O autor do proxecto, Abraham Castro, destaca que nos últimos días foron moitos os medios especializados que se están interesando pola obra, e amosa a súa satisfacción por este recoñecemento a unha obra “funcional, moderna, que define como unha proposta de poderosa xeometría, cunha arquitectura obxectiva, concreta, e sobre todo unha obra para perdurar no tempo, engade Castro, que xa recibiu o diploma que acredita o recoñecemento, asinado polo ministro de Fomento en Funcións, José Luis Ábalos.
Ademais destaca que o xurado desta bienal estivo formado por prestixisos arquitectos e arquitectas de distintos países. Así, entre os membros do xurado da sección Panorama Obras figuraban, arquitectos de prestixio coma Gloria Cabral / Solano Benítez (Asunción); o arquitecto español Arturo FrancoM Gabriela Carrillo / Mauricio Rocha. (Ciudad de México); Sandra Barclay / Jean Pierre Crousse (Lima); Josep Ferrando, de Barcelona; Javier Corvalán. (Asunción); Carlos Quintáns, de A Coruña; Nicolás Campodónico, de Rosario (Argentina), Carla Juaçaba (Brasi)
O pasado mes de maio, a obra da Gandareira foi seleccionada para participar na BIAU, certame ao que sólo de España se presentaron máis de 400 obras.
“Este recoñecemento é sen dúbida algunha un espaldarazo a esta obra pola que sempre apostamos, unha obra funcional , moderna e vanguardista, e sobre todo , e o máis importante, na que xa practican deporte centos de nenos e nenas cada semana”.
Entre as obras seleccionadas figuran outras tres en Galicia: un lavadoiro en Artes (Ribeira), de Carlos Seoane; os aseos bioclimáticos de Trado, en Ourense e a Casa de Anguía de Barral, tamén en Ourense, obra de MOL Arquitectura.
O proxecto silledense foi seleccionado ademáis xunto a outros realizados por arquitectos con gran proxección e fama internacional, caso de Cruz y Ortiz Arquitectos, autores do Wanda Metropolitano, ou a do catalán Toni Gironés.
O campo silledense foi construido en 2 fases, a través do Plan de Reequilibrio Territorial da Deputación de Pontevedra, cunha inversión de máis de 1,5 millóns de euros, que ademáis do propio estadio supuxo a urbanización e mellora do entorno, na zona deportiva e cultural da Bandeira.
En total presentaronse á BIAU 997 propostas . sendo seleccionadas finalmente 210 propostas ,dun total de 16 paises, nesta undécima edifición do certame, . A BIAU, é unha iniciativa do Goberno de España, consolidada xa como unha das referencias fundamentais para coñecer a situación actual e prospectiva da arquitectura e o urbanismo na comunidade iberoamericana. As actividades da Bineal xiran en torno ao recoñecemento de traxectorias de profesionais e de obras arquitectónicas significativas, entre outros.