Silleda, 18 de marzo de 2012. O vindeiro domingo de Pascua, a rosquilla volve a ser protagonista na parroquia silledense de Abades. A localidade celebra a edición número 27 desta celebración, na que se ven exaltando este doce típico. A cita organizada pola Asociación de Veciños A Costa, de Abades ,volverá contar este ano cun obradoiro gastronómico de elaboración das típicas rosquillas de Abades, que se celebrará no local social da parroquia o vindeiro xoves e venres (días 21 e 22) a partir das 16.00 horas.
As persoas interesadas en acudir poden inscribirse na Casa da Cultura de Silleda ou ben poñéndose en contacto coa organización. O venres 22, a partir das 20.00 horas haberá unha degustación que servirá tamén como presentación da festa.
O domingo 31 a cita comezará ás 10.00 horas. Actuará a Banda de Música Municipal de Silleda e volverá a celebrarse o tradicional concurso de bolos de rosquillas, con premios aos tres primeiros é tamén á orixinalidade. Tampouco faltará a subasta dos bolos. Do mesmo xeito, tamén haberá bolos á venda e o público poderá degustar os doces protagonistas. A misa cantada, despois da que terá lugar o fallo dos premios e a poxa dos bolos, contará coa participación do Coro de Ponteledesma.
Entrega de bolos, ata o sábado 30
Ao igual que en anos anteriores, os particulares e asociación poderán colaborar nesta festa tradicional coa achega dun bolo de rosquillas que participará no concurso gastronómico. O último día para entregar os bolos será o sábado 30 de marzo, chamando ao número 629 256 584.