Silleda, 24 de xuño de 2014. O programa Goza do Ulla no que participan 19 municipios bañados polas augas deste río, volta a Silleda o vindeiro domingo día 6 de xullo con unha novidosa proposta. Así, nesta terceira edición do programa no municipio silledense, a protagonista será a parroquia de Cira, onde se celebrará un roteiro etnobotánico.
Trátrase dun percorrido circular de aproximadamente 10 kilómetros de lonxitude e unha duración estimada de 3 horas. Todas as persoas que queiran participar só teñen que achegarse ata a Praia de Cira (onde comezará e rematará o percorrido) ás 10.00 horas da citada xornada, cando está previsto comece o roteiro.
Ao longo deste percorrido unha experta en desenvolvemento sostible acompañará aos asistentes explicando cómo identificar as prantas, os seus usos tradicionais e actuais na medicina, e tamén cuestións relacionadas coa gastronomía e ou a artesanía.
O roteiro discurrirá a carón da torre de Cira, do pazo de Paizás e tamén dos invernadoiros e plantacións de legumes e flor, cultivos que teñen unha destacada presenza nesta localidade silledense.
Deste xeito, dende o departamento de Turismo de Silleda, renovase a cita con Goza do Ulla, que nos dous últimos anos tivo como protagonista o roteiro do Baixo Deza, entre Abades e Cira, cun grande éxito de participación.