A páxina web de Silleda recibiu máis de 2.600 visitas dende a súa renovación

 

Silleda, 9 de xaneiro de 2013. Dende o pasado día 30 de novembro, data na que entrou en que se fixo operativa a renovada web municipal de Silleda ata o día de hoxe, o portal silleda.es recibiu un total de 2.625 entradas. Se se contabilizan as páxinas vistas (as visitas repetidas a unha mesma sección), o número ascende a 13.724 visitas. O promedio de duración das visitas sitúase en case 4 minutos. Outro dato destacado é que o 65,3 por cento dos usuarios que accederon ao portal municipal nunca visitara o sitio web con anterioridade.

En canto ás sección máis visitadas, encabeza o ranquin as declaración de bens e adicacións, seguida das información relativas ás parroquias, o Concello, e outras coma o Silleda Emprega, sección que ofrece ademais a posibilidade de consultar as ofertas de traballo do Servizo Galego de Colocación. A axenda de eventos, Ordenanzas e Regulamentos Municipais , o directorio de teléfonos e servizos e o programa Silleda Activa tamén figuran entre os 10 primeiros postos das sección máis vistas.

Un dos principais cambios respecto ao portal anterior é o cambio nos apartados principais. Co novo diseño, os distintos departamentos están recollidos dentro das respectivas concellerías, cunha estructura moito máis áxil e clara e un diseño máis atractivo. "Queremos que a páxina web sexa unha canle de comunicación máis cos veciños e usuarios", sinala a alcaldesa, Paula Fernández Pena, tamén responsable municipal de Comunicación Social e Novas Tecnoloxías.

Formación en Administración Electrónica

Ademais da información estructurada por Concellerías, a nova páxina permite acceder directamente a través de banners a sección de interese coma as que recollen os contidos de novos programas municipais. Así, ademais do plan Silleda Activa, a primeira das actuacións do Clube do Centro Social dos Maiores, tamén se pode acceder á iniciativa Silleda Solidaria. Esta última conta cun espazo web de deseño diferenciado, onde ademais das liñas de actuación e o resumo do que significa esta rede de axuda, os Servizos Socias irán colgando as mensaxes sobre recursos necesarios. Ao mesmo tempo, a través deste espazo web as asociacións tamén poden contactar directamente cos Servizos Sociais do Concello, con mensaxes e avisos que se renovan con periodicidade semanal.

Tamén figuran entre os destacados enlaces directos co bloque do CIM ou o de Participación Cidadá, e o apartado “Silleda contra os desafiuzamentos”, no que se ofrecen consellos ás persoas que se enfronten a estas situacións.

Paula Fernández explica que en breve a páxina permitirá aos usuarios realizar trámites de Administración Electrónica, "un apartado para o que xa comezamos hoxe mesmo a formar ao persoal municipal", engade. Os cursos de formación, que se celebrarán por grupos, continuarán ata o vindeiro mes de febreiro. "Dende o Concello queremos pedirlles disculpas de antemán aos veciños e veciñas pola reducción de persoal estes días nos distintos departamentos por mor do ciclo de formación, que puidera redundar nunha merma de atención", pero engade "que a formación dos traballadores e traballadoras neste ámbito é clave e crucial para mellorar a atención ao público e na Administración Local en xeral e modernizar o funcionamento do Concello".

Outra das novidades pasa polo contacto directo cos concelleiros do goberno. Así, o espazo web permite enviar mensaxes directamente a cada Concellería.

Sin custes para o Concello

A renovación da páxina web foi realizada pola empresa Conta Local S.L. sen custes para as arcas municipais, xa que se enmarca dentro do contrato de soporte técnico e de contabilidade con esta empresa, un dos acordos revisados por mor do plan de axuste, no que tamén se conseguíu rebaixar o prezo (de 910 a 756 euros ao mes)

Entre as novidades destaca tamén o acceso directo ás redes sociais, información meteorolóxica ou unha axenda na que se irán colgando os distintos eventos que se celebran no municipio, e que figura tamén entre as seccións máis vistas polos usuarios.