Silleda, 16 de marzo de 2015. A praza da Feira da Bandeira dispón xa dun novo aliciente para os usuarios máis novos. No espazo dotado de formigón impreso co que se ampliou a zona peonil deste emprazamento, dende o Concello procedeuse a pintar unha pista de xogos dos que xa comezaron a disfrutar os usuarios.
O avión, o tres en raia… e outros xogos tradicionais son algúns dos elementos pintados neste espazo que xa está a colleitar un grande éxito entre os nenos e nenas.
Con esta dotación complétase a oferta de ocio da zona, onde se atopa tamén o parque infantil renovado o pasado ano. “Cremos que se trata dunha idea que está a gustar, unha proposta coa que cos nenos e nenas se divirten dun xeito diferente e tamén realizan exercicio”, engade o alcalde, Manuel Cuiña.