-A resolución do Ministerio para la Transición Ecológica y el Reto Demográfico implicará ingresos para o Concello, segundo as toneladas de CO2 que deixen de emitirse
Silleda, 23 de xaneiro de 2021. A Rede de Calor con biomasa impulsada polo Concello de Silleda continúa a ser referente. A iniciativa, que se puxo en marcha a finais de 2018, vén de ser seleccionada xunto a outros proxecto de todo o territorio nacional como Proyecto Clima 2019, dentro da convocatoria do Fondo de Carbono para unha Economía Sostible (FES-CO2).
Esta decisión implicará que o Concello de Silleda obteña ingresos anuais por cada tonelada de CO2 que deixe de emitirse cada ano.
A instalación silledense, a primeira de carácter público-privado en Galicia, presentouse á convocatoria a través do canal clima da Asociación Española de Valorización Energética de la Biomasa (AVEBIOM), que se encargará tamén de facer o seguimento e verificación da iniciativa, así como de expedir o certificado das emisións que se reducen.
A axuda estimada é de 9,7 euros por tonelada verificada. “É sen dúbida unha gran noticia”, indica o alcalde, Manuel Cuiña, destacando que a Rede de Calor supuxo un fito no marco das actuacións sostibles promovidas dende o Concello de Silleda.
A rede de Calor, que comezou na súa primeira fase abastecendo a instalacións municipais como a Escola Infantil, Campo de Outeiriño, pavillón de deportes e tamén á Residencia de Maiores e ao Hotel Vía Argentum, extenderase este ano á actual Casa da cultura, na que será a segunda fase de actuación, cun investimento de case 200.000 euros. A actuación desta segunda fase estivo en licitación ata o mes pasado, presentándose tres ofertas. O procedemento de adxudicación desta fase, que subvenciona o Instituto para a Diversificación e Aforro da Enerxía (IDAE) continuará nas próximas semanas.
A convocatoria na que a rede de Silleda foi seleccionada é a oitava xa do Proyecto Clima, para apoio e fomento de actividades baixas en carbono, mediante a adquisición das reduccións verificadas de emisións xeradas.
Con esta iniciativa o FES-CO2 pretende dar continuidade e impulso ao desenvolvemento de iniciativas de carácter programático que engloben varios proxectos dentro dun mismo paraugas.
Recoñecementos
A finais de outurbo de 2018 Silleda situabase na vangarda enerxética ca instalación, que abastede a 6 edificios (con calefacción e auga quente sanitaria ) e cun investimento de máis de 1 millón de euros, con aportacións de fondos europeos –a través do INEGA- e municipais, a través do Plan Concellos da Deputación.
A rede, de biomasa con astilla, subministra calefacción e/ou auga quente sanitaria aos edificios, Esta obra non só redunda nunha maior reducción de gases contaminantes senón que tamén é unha aposta polo aforro económico.
En marzo de 2019, a Rede de Calor con Biomasa de Silleda recibiu o Premio ao mellor proxecto de Enerxía Renovables, outorgado pola Asociación de Enxeñeiros Industriais de Galicia.