
Con motivo da celebración das festas de Verán de Silleda, que se celebrarán durante a fin de semana, nas próximas horas porcederase ao corte de diferentes rúas.
Así, xa dende mañá martes ás 15:00 horas e ata a madrugada do luns, quedará pechada ao tráfico a rúa Pintor Colmeiro, onde está prevista a instalación dos postos e atraccións e onde se celebrarán as verbenas. O corte deste tramo adiántase precisamente para a realización das inspeccións técnicas das atraccións.
Para garantir a seguridade nesta zona, tamén se pecharán durante toda a fin de semana ao tráfico as rúas Venezuela e Alonso Paz, a partir das 18:00 horas.
As rúas Antón Alonso Ríos, Cartaxena e Castrelo tamén se pecharán dende o xoves á tarde, día no que arrancan as festas co chupinazo, concerto de Distrito Dezaseis e a verbena con Panorama City. Tamén se volverán a cortar estes tramos para a celebración da Festa do Lacón; o sábado dende as 16:00 horas, , e o domingo pola tarde para a celebración do concerto das bandas.
Tamén a rúa Progreso se verá afectada, co peche ao tráfico polas tardes para a celebración de distintas actividades. A avenida do Parque tamén se pechará o domingo para o concerto das formacións bandísticas.
