A rúa Santa Olaia pasa a ter dende hoxe o sentido definitivo de circulación previsto no proxecto da Avenida do Parque

Silleda, 8 de abril de 2026. O Concello de Silleda informa de que a rúa Santa Olaia pasa a ter dende hoxe o sentido definitivo de circulación contemplado no proxecto de reforma da Avenida do Parque. Deste xeito, os vehículos xa poderán circular dende a rúa María Colmeiro en dirección á propia Avenida do Parque.

Este cambio supón un novo avance no desenvolvemento dunha actuación clave para a mellora da mobilidade e da seguridade viaria nesta zona do casco urbano, na que continúan executándose traballos en distintos puntos da obra.

Así mesmo, nos vindeiros días  poderán producirse microcortes puntuais de tráfico, dun máximo de 20 minutos, para facilitar os traballos de formigonado previstos no treito comprendido entre a rúa Trasdeza e a rúa Santa Olaia.

Por este motivo, dende o Concello recoméndase que, para evitar aglomeracións e retencións, se empregue preferentemente a rúa Castros de Toiriz no caso de querer acceder dende a rúa Trasdeza á zona máis comercial da Avenida do Parque.

O Concello agradece a comprensión da veciñanza e das persoas condutoras ante unhas molestias puntuais que resultan necesarias para seguir avanzando nunha actuación que permitirá mellorar de maneira importante este entorno urbano