Silleda, 3 de setembro de 2017. A Ruta Solidaria BTT Trasdeza volta a Silleda o vindeiro domingo día 1 de outubro. A cita, organizada polo Club Ciclista Trasdeza e que celebra a súa cuarta edición, foi presentada hoxe aproveitando a celebración da cita dentro da campaña Juntos en el asfalto, de Hyundai España, unha iniciativa social que promove a convivencia entre ciclistas e condutores para previr accidentes na carretera.
Nesta cita, o CC Trasdeza convidou a participar a varios clubes da zona para realizar acompañados por un coche de apoio de Hyundai nun percorrido duns 70 kilómetros que partiu esta mañá dende a praza da igrexa de Silleda. Preto de 40 ciclistas procedentes do clube organizador, do Extol La Gramola, Montes do Deza e Pazo de Anzuxao partiron cara a Laro para continuar por Lalín, Vila de Cruces, Merza, A Bandeira e voltar a Silleda, onde compartiron pinchos no restaurante Carballeira do Chousiño.
No marco desta celebración, que contou coa asistencia da concelleira de Deportes de Silleda, Ana Luisa González, presentouse a ruta solidaria, que contará con dous percorridos. A ruta longa será de 42 kilómetros e a corta de 30 kilómetros. A saída será dende o Campo de fútbol de Outeiriño, en Silleda ás 09:30 horas, percorrendo lugares emblemáticos coma o mosteiro de Carboeiro ou a Fervenza do Toxa. Haberá 3 avituallamentos (sólidos e líquidos), lavado e bicis e servizo de duchas, entre outros. A inscrición está limitada a 300 participantes. Tamén se entregarán trofeos aos gañadores nas dúas modalidades.
Para participar é preciso inscribirse (as persoas interesadas poden facelo a través da web bttrasdeza.galitiming.com). A inscición custa 8 euros máis un kilo de alimentos non perecedeiros, que se entregarán como vén sendo habitual ao banco de alimentos do programa municipal Silleda Solidaria.
Dende o Concello de Silleda, Ana Luisa González, agradeceu a iniciativa da entidade local “que nos últimos anos vén organizando esta celebración cun grande éxito”, engade. O pasado ano foron 200 as persoas que participaron na ruta solidaria aportando máis de 300 kilos de alimentos.
Vehículo de apoio
Coa celebración da cita de hoxe o CC Trasdeza súmase aos clubs españoles que están a participar na campaña Juntos en el asfalto, a través da que a marca coreana de pon a disposición dos clubes ciclistas un vehículo de apoio, un Hyundai i30 Wagon, que dispón dunha grande cantidade de axudas á conducción e seguridade activa, coma o sistema de frendado de emerxencia, aviso de colisión, sistema de cambio involuntario de carril cambio involuntario de carril.
Esta iniciativa a nivel nacional está liderada polo ex ciclista profesional Perico Delgado e apoiada entre outros pola Dirección General de Tráfico Fundación Mapfre, as asociación de víctimas Stop Accidentes, AESLEME e a Asociación de Ciclistas Profesionales (ACP).