-O Concello está a espera da resolución de concesión temporal do terreo para uso municipal, solicitada hai varios meses
Silleda, 7 de xuño de 2016. A Sociedade de Xestión de Activos Procedentes da Reestruturación Bancaria, (Sareb), propietaria do solar sito na entrada de Silleda, procedeu na mañá de hoxe á limpeza e mantemento do terreo, medida esixida reiteradamente polo Concello de Silleda, dada a situación do mesmo e a imaxe de deixadez que presentaba.
Dende o goberno local estase a traballar dende hai varios meses na posibilidade de cesión temporal do solar para fins municipais, negociación que está ben encamiñada, e á espera de resolución final.
Unha vez se materialice este acordo, que se espera sexa en próximas datas, dende o goberno estudarase o uso que se lle dará aos terreos.