A cita trasladarase a outra data
O encontro inclúe catro curtametraxes venceñadas ao proxecto de cooperación que Solidariedade Internacional de Galicia está a desenvolver en Guatemala
A sesión de Cine na rúa: unha ventá ao mundo prevista para este venres día 20 na praza Siñor Afranio de Silleda, queda adiada por mor das previsións meteorolóxicas. Esta iniciativa busca poñer en valor a cooperación internacional desenvolvida por entidades galegas e facelo nun espazo público para garantir a accesibilidade e a participación de toda a cidadanía. A proposta chega da man do Fondo Galego de Cooperación e inclúe catro curtametraxes centradas en proxectos de cooperación internacional que se están levando a cabo en Guatemala.
O obxectivo principal desta actividade, que se celebrará en datas próximas, é amosar como a cooperación galega, co apoio de concellos como Silleda a través do Fondo Galego, está a contribuír a mellorar as condicións de vida en países prioritarios como Guatemala.