A Sociedade de Caza e Pesca comparte o premio Trueiro co Concello de Silleda

Silleda, 16 de novembro de 2015. O alcalde de Silleda, Manuel Cuiña e a concelleira de Deportes, Ana Luisa González Costa, recibiron hoxe no Concello ao presidente da Sociedade e Caza, Pesca e Tiro de Silleda, Jesús Pérez Caramés.

Caramés quere compartir en nome da entidade o premio Trueiro, que recibiron o pasado venres en Padrón, co Concello de Silleda “xa que colaborou coa Sociedade en moitas das iniciativas polas que a sociedade recibiu este recoñecemento”, engade.

Así, entre os méritos recoñecidos polo xornal especializado en pesca deportiva destaca a posta en marcha da Escola de Pesca que se creará no campo de O Picoto, a limpeza e mellora de ríos e o seu entorno natural ou organización do certame FECAP.

Pola súa banda, o alcalde, Manuel Cuiña, felicitou á entidade “pola intensa labor que está a desenvolver, tal e como se recoñece con este galardón” e adiantou “que o Concello de Silleda continuará colaborando como ata o de agora en todo o que sexa posible”, engade.

Entre as colaboracións do Concello destaca o acondicionamento e mellora do campo de tiro de O Picoto, onde nos vindeiros meses se poñerá en marcha a Escola de Pesca coa dotación do lago artificial.

“Estamos moi orgullosos deste recoñemento e agradecemento que dende a Sociedade se comparta con todos os veciños e veciñas de Silleda”, engade o alcalde.

 

Custodia do galardón

Por outra banda, o premio recibido –cun trofeo de deseño- quedará custodiado a petición da sociedade nas dependencias municipais. Dende o goberno municipal, á vista tamén das peticións doutros colectivos, buscarase un emplazamento público coas debidas condicións de seguridade e conservación, para ofrecer a todas as asociacións e entidades que o desexen a custodia de premios, ao tempo que se exhiben a toda a cidadanía.