A Unidade Móbil do Centro de Transfusión de Sangue de Galicia visita a localidade da Bandeira o vindeiro luns  

 

-Estará situada pola tarde xunto ao centro de saúde

Silleda, 12 de febreiro de 2021. A Unidade Móbil do Centro de Transfusión de Sangue de Galicia volve visitar o municipio silledense a vindeira semana. A cita será   o vindeiro luns día 15 na Bandeira, onde se instalará no lugar de costume, xunto ao centro de saúde, en horario de 16:00 a 21:00 horas.

O Concello de Silleda e a Axencia de Doazón de Órganos e Sangue amosan o seu agradecemento a todas as persoas que participan nestas campañas, xa que o xesto solidario das doazóns contribúe a mellorar a saúde de moitos doentes, sobre todo ante a situación actual de emerxencia sanitaria.