A Unidade Móbil do Centro de Transfusión de Sangue de Galicia visita Silleda o vindeiro xoves 25

 

Silleda, 11 de abril de 2013. O municipio de Silleda volve recibir este mes a visita da  unidade móbil do Centro de Trasfusión de Sangue de Galicia (CTG). Será o vindeiro xoves día 25 de abril, cando os que desexen facer doazóns poden acudir á unidade, que estará no lugar de costume (avenida do Parque de Silleda) en horario de 10.00 a 14.00 e de 16.30 a 21.00 horas. O  Concello  e o  CTG,  amosan  o  seu  agradecemento  a   todos os veciños que  participan  cada  ano  nas  campañas  de  doazón  de  sangue  e  permiten  deste  xeito  que  moitos  enfermos  recuperen  a  súa  saúde.