Silleda, 20 de novembro de 2013. O municipio de Silleda volve recibir este mes a visita da unidade móbil do Centro de Trasfusión de Sangue de Galicia (CTG). Será o vindeiro xoves 28 de novembro, onde os que desexen facer doazóns poden acudir á unidade, que estará no lugar de costume (avenida do Parque) en horario de 10.00 a 14.00 e de 16.30 a 21.00 horas. No caso daquelas persoas que se acheguen por primeira vez a doar, é preciso que leven o DNI.
O Concello e o CTG, amosan o seu agradecemento a todos os veciños e veciñas que participan cada ano nas campañas de doazón de sangue e permiten deste xeito que moitos enfermos recuperen a súa saúde.