Silleda, 22 de xaneiro de 2013. O municipio de Silleda volve recibir este mes a visita da unidade móbil do Centro de Trasfusión de Sangue de Galicia (CTG). Será o vindeiro xoves día 31 de xaneiro, cando os que desexen facer doazóns poden acudir á unidade, que estará no lugar de costume (avenida do Parque) en horario de 10.00 a 14.00 e de 16.00 a 21.00 horas. O Concello e o CTG, amosan o seu agradecemento a todos os veciños que participan cada ano nas campañas de doazón de sangue e permiten deste xeito que moitos enfermos recuperen a súa saúde.