Silleda, 5 de abril de 2014. A Banda Municipal de Silleda deu a coñecer hoxe as próximas actividades. Ademais da sexta edición do Festival de Bandas Xuvenís, que se celebra o vindeiro domingo día 13 no auditorio Semana Verde, a banda silledense deu a coñecer outra das grandes citas anuais: o Festival de Bandas, que chega a súa vixésimo primeira edición.
O director, Rafa Agulló, explicou que nesta última cita, que vén xuntando en Silleda tanto a bandas galegas como a outras de fora da Comunidade, a formación convidada será a Banda de Muro (Alicante), localidade cercana a Concertaina, a súa vila natal, que xa tivo representación hai dous anos no certame. “Veñen a petición deles logo de oír falar ben á Banda de Concertaina da súa estancia en Silleda en 2012”, explicou o director. A Banda de Silleda devolverá a visita a terras alicantinas na primeira fin de semana de agosto.
A cita musical será o sábado 19 de abril ás 21 horas no auditorio Semana Verde, coa estrea mundial de varias pezas do compositor Antón Alcalde, ao que Albors agradeceu que elixira Silleda para esta presentación. Así, ademais da interpretación do pasodobre “Enrique López”, engargado pola Unión Musical de Ponteledesma, no recital estrenarase “Thee Reveletions for T-Bone”, para trombón solita, unha peza con tres movementos e gran contido filosófico (fala da creación da terra) que terá como protagonista a David Pont, trombón solista da Banda de Valencia e interprete recoñecido a nivel internacional.
O outro tema que se estreará é Jazz Suite, para cuarteto de saxos, banda e combo de jazz, na que participará o cuarteto Púrpura Pansa. Agulló explicou que esta composición percorre dende o jazz clásico de intérpretes como Duke Ellington hasta os ritmos actuais máis atrevidos do xénero.
O recital rematará cunha peza de danza celta, “Cry for the Celts”, que incorpora instrumentos de música tradicional.
Novo grupo silledense
Ademais do concertó do día 19, a visita da Banda de Muro conta cunha serie de actividades. Así, o venres 18.00 haberá unha recepción a formación alicantina no Salón Parroquial (21.00 horas) e unha cena de confraternidade. Ao seu remate celebrarase na Cervecería O Refuxio un concerto a cargo dun novo grupo musical con intérpretes da banda de Silleda: Sir Formighators Company, integrado por Marcos Torres, Manuel de la Torre, Rafa de la Torre, Marcos Pereiro e que estarán acompañados por Eloy Fidalgo á batería.
O sábado 19 está programada unha visita guiada por enclaves turísticos de Silleda (mosteiro de Carboeiro, Fervenza do Toxa…) e despois dos ensaios xerais celebrarase o concerto. O domingo 20 a formación alicantina visitará Compostela, antes de partir o luns pola mañá. Así mesmo tamén se celebrará unha master class con David Pont para alumnos da Banda de Silleda, entre outros.
Recital Xuvenil e Revista
No VI Festival Xuvenil participarán, ademais da banda anfitriona, a Banda Xuvenil de Ponteledesma, dirixida por Mario Rodríguez Vilela; a do Rosal, con Celso Diego Martínez á batuta e a silledense, dirixida por Rafa Agulló.
A cita será ás 18.00 horas o domingo 13 tamén no auditorio Semana Verde e ao remate haberá unha sorpresa na que participarán todos os alumnos e alumnas da Escola de Música de Silleda.
Na presentación tamén se deu a coñecer a revista editada pola Asociación de Amigos da Banda de Silleda. Baixo o lema Non ficamos a durmir, danse a coñecer as actividades de 2014, así coma as impresións de intérpretes de Silleda que están a vivir experiencias no extranxeiro, segundo comentou Vanesa Vidueiros.
En representación municipal , a concelleira Pili Peón amosou durante a presentación o apoio do Concello á banda destacando o seu bo facer en todas as actividades realizadas.
Pola súa banda o director agradeceu o esforzo e traballo á nova directiva da Banda, a todos os integrantes e entidades colaboradoras (Concello, Semana Verde, Deputación….)
Tamén estiveron presentes membos da directiva actual da banda, como Jesús Lázara Viéitez, Juan Carlos Silva, Vanesa Vidueiros e Alfredo López.