Silleda, 5 de abril de 2014. A Xunta de Goberno Local de Silleda vén de aprobar as bases para asinar un novo convenio coa Fundación Empresa-Universidade Galega (Feuga) para a formación en prácticas de guías turísticos. Así solicitarase a concesión dun bolseiro/a que exercería estas labores en Silleda por un período de 6 meses, prorrogable por outros seis.
Por outra banda, na mesma sesión o executivo local tamén aprobou as bases de selección para contratar a 10 peóns ao abeiro do Plan de Fomento de Emprego da Deputación. A selección realizarase a través do Servizo Galego de Colocación. Hai un total de 10 prazas na categoría de peón: 5 xardiñeiros, 4 barrendeiros e 1 electricista. Serían contratos de interese social cun periodo de 6 meses de duración.