Aberta a convocatoria de dúas prazas como traballador/a social en réxime de interinidade

Silleda, 19 de decembro de 2023. O BOP de Pontevedra publicou hoxe a convocatoria para o proceso de selección de dúas persoas con titulación en Traballo Social en réxime de interinidade, ca correspondente creación de senllas bolsas de emprego.  Unha praza convócase por acumulación de tarefas e a outra por substitución de traballadora social que actualmente está de baixa médica.

O prazo de presentación de solicitudes é de 10 días naturais contados a partir do mércores 20 de decembro.

A continuación poden consultarse, ao igual que no taboleiro electrónico, as bases e convocatoria das dúas prazas:

1- PROCESO SELECCIÓN RÉXIME INTERINIDADE POR ACUMULACIÓN DE TAREFAS E CREACIÓN DE BOLSA DE EMPREGO:

2-  PROCESO SELECCIÓN RÉXIME INTERINIDADE PARA CUBRIR BAIXA DE TRABALLADORA SOCIAL EN ILT E CREACIÓN DE BOLSA DE EMPREGO: