Aberta a convocatoria para unha praza de axente de Policía Local en Silleda

O Boletín Oficial do Estado publica hoxe venres a convocatoria de prazas de novos axentes para distintos municipios galegos, entre eles Silleda. Neste caso, convócase un praza de acceso por oposición libre, tal e como figura na Oferta Pública de Emprego para 2025.

O proceso levarase a cabo a través da Academia Galega de Seguridade Pública (Agasp), logo de que no último pleno ordinario se aprobara por unanimidade que o Concello se sumara ao convenio con esta entidade autonómica.

As persoas aspirantes dispoñen agora de 20 días habiles para presentar a documentación na Agasp, segundo as bases e anexos publicados no Diario Oficial de Galicia (DOG) o pasado día 2.

Na OPE de 2025 do Concello de Silleda figura tamén unha praza de oficial por promoción interna, proceso que se levará a cabo igualmente a través da citada entidade en virtude do convenio.