Silleda, 8 de maio de 2014. O departamento de Benestar Social do Concello de Silleda informa da nova convocatoria das Vacacións do Imserso 2014-2015. Esta iniciativa, dentro do plan de envellecemento activo do organismo estatal, promovo un programa de Turismo Social destinado a persoas maiores, ao tempo que se contribúe a desestacionalizar o sector turístico. Poden participar persoas que cumpriran os 65 anos e pensionistas.
O prazo para presentar solicitudes remata o vindeiro 5 de xuño. As persoas interesadas poden recibir máis información no departamento municipal, situado nas dependencias do Centro Social de Silleda, ou ben chamar ao 986 592037.