Silleda, 16 de xuño de 2021. O Boletín Oficial da Provincia (BOP) de Pontevedra publica hoxe a convocatoria das axudas a entidades culturais, deportivas e veciñais ou de participación social para este ano 2021. As bases destas tres convocatorias foron publicadas o pasado 16 de abril e tamén na Base Nacional de Datos de Subvencións. Como novidade, este ano introducese a posibilidade de poder optar a axudas para material, á vista de que a pandemia non permitiu realizar algunhas das actividades previstas. Cada colectivo, ao igual que en anos anteriores, só poderá optar a unha das tres convocatorias. Así mesmo, tal e como marca a normativa, as solicitudes deben de facerse por sede electrónica. O prazo para presentar as propostas remata o vindeiro 17 de xullo.
A continuación están as bases e anexos (que tamén se colgarán nas próximas horas na sede electrónica) das tres convocatorias:
Bases Subvencións:
Anexos Solicitude Subvencións: